domingo, 10 de julio de 2011

A Xunta abre as portas ás piscifactorías en zonas de Rede Natura

A Xunta, a través da Consellería de Medio Rural, vén de aprobar o novo Plan Director de Rede Natura 2000 – A Conservación sostible destes espazos protexidos”. Segundo a Xunta a idea do Plan é a “compatibilización da protección co necesario desenvolvemento social e económico dos habitantes das bisbarras que se asentan nestes espazos”.
O Plan levanta varias das directrices que mantiña o anterior Plan, co que permitirá a actuación en zonas protexidas. Se ben non se permitirá novas explotacións mineiras abertas ou novos parques eólicos, centrais hidroeléctricas ou solares (si ampliación dos xa existentes) , o novo Plan si que demostra un cambio en materia de Acuicultura. Así, a Xunta abre as portas á construción de piscifactoría mesmo nos espacios de maior valor natural.


No hay comentarios:

Publicar un comentario