O Alcalde Gabriel Torrente propón subirse o soldo nun 30% de Bernardo Fernández Piñeiro, el jueves, 07 de julio de 2011 a las 20:27 O Alcalde Gabriel Torrente pretende subirse o soldo en torno a un 30%, pasando a cobrar 43.651,30 euros fronte aos 34.236,65 que cobraba na pasada lexislatura. O mesmo incremento (30%) experimentará o salario do Concelleiro de Infraestruturas Javier Crespo, pasando de 20.947,15 a 29.044,54 euros.
Esta é a proposta que a Alcaldía presentará no pleno do vindeiro luns e que sen dúbida será aprobada tendo en conta a maioría absoluta con a que conta o Partido Popular. No mesmo documento inclúese unha dedicación parcial de 13 horas semanais para a Concelleira de Comercio e Turismo con unha retribución de 9.077.74 euros. Así mesmo plantexan incrementar as asignacións ao resto de concelleiros da Corporación por asistencia a Plenos nun 50%, pasando de 100 a 150 euros. Todas estas propostas do Goberno de Gabriel Torrente parécenos inxustas, fora de lugar e contraditorias con a actitude do PP en anteriores lexislaturas máxime se temos en conta a situación de crise que vive o noso pais, así como a decisión da maioría dos alcaldes galegos de reducir o seu salario.
Se temos en conta que o actual Goberno eumés está conformado por 8 persoas, fronte aos 4 da pasada lexislatura, non entendemos, por exemplo, como o concelleiro de obras xestionando menos áreas incrementa o seu soldo nun 30%. Queremos deixar claro que estamos totalmente en contra do incremento previsto por asistencia aos Plenos para o resto de Concelleiros, incluídos os da oposición. A nós parécenos que na situación económica actual os 100 euros que percibimos actualmente son suficientes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario